IniciosociedadeAcométese o formigonado da plataforma da nova ponte de Valdriz

Acométese o formigonado da plataforma da nova ponte de Valdriz

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda acomete hoxe o formigonado do taboleiro da nova ponte de Valdriz, en Láncara, no marco das obras de construción duna senda peonil e ciclista na estrada autonómica LU-621.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou a marcha dos traballos, que foron licitados por un importe de preto de 730.000 euros. Explicou que a ampliación da ponte, que pasa dos 6 metros de ancho aos 10,5, é a actuación máis complexa do proxecto, que contempla tamén a execución dunha rotonda para mellorar o tráfico no entorno da urbanización de Valdriz, ademais da senda de preto de medio quilómetro (460 metros) que discorrerá pola marxe esquerda entre este punto e o inicio das beirarrúas da Pobra de San Xiao. 

Para acometer estas obras foi preciso proceder antes aos traballos de retranqueo e soterramento da liña de evacuación da hidroeléctrica de Valdriz, o que significou un gasto adicional de 103.200 euros. Posteriormente realizáronse os  movementos de terras con microvoaduras controladas en todo o trazado.

No que respecta á ponte, rectificouse a entrada para mellorar a seguridade, construíuse un muro de escollera e instaláronse 513 metros cadrados de prelosa, armadura e ferro sobre as que se estenderá  o formigón armado. A maior parte da superficie quedará lista hoxe; restará unha franxa de dous metros a rematar nuns días, cando este formigonado adquira resistencia.

Arias lembrou que esta actuación forma parte do Plan de sendas de Galicia na comarca de Lugo, que constrúe itinerarios seguros, sostibles e integrados na paisaxe, para reforzar a seguridade dos usuarios das estradas e promover unha mobilidade máis saudable e sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular.

ÚLTIMAS

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, a de Eixón será unha foliada con...

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...