HomesociedadeFolga indefinida no servizo de limpeza de Monforte a partir do 9...

Folga indefinida no servizo de limpeza de Monforte a partir do 9 de agosto

A Secretaria de Acción Sindical de Comisións Obreiras Lugo e responsable da zona sur considera un fracaso a cuarta reunión do convenio de FCC, responsable do servizo de limpeza en Monforte e convoca folga indefinida a partir do 9 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde Comisións Obreiras consideran “ofensiva e ridícula” a oferta consistente en: Subida salarial 1,5% os anos 22, 23 e 24 e subida 0 o ano 2021, co agravante de condicionalo ó 0,5% así como eliminar do Convenio Colectivo a antigüidade.

Desde Comisións Obreiras consideran unha total falta de seriedade do avogado da empresa, don Fernando Caamaño, que se despraza desde Vigo e “pretende solucionar unha negociación co persoal con reunións dunha hora. Ante esta ridícula oferta decidimos levantarnos da mesa e convocar folga indefinida a partir do 9 de agosto, convocatoria que a asemblea que se celebrou este xoves ás 13 horas, votou unánimemente co 100% da plantilla”, aseguran desde CCOO.

A Secretaria de Acción Sindical considera corresponsable ao Alcalde, José Tomé e ao representante de FCC na negociación pola prórroga da concesión da prórroga asinada por 10 anos máis, supeditada ao investimento de maquinaria que consideran innecesaria, “á conta de reducir dereitos aos traballadores algo impropio dunha empresa seria como FCC e dun alcalde ex sindicalista.”

ÚLTIMAS

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...

O Multiusos de Monforte acolle este 12 de novembro a representación de “A Metamorfose”

O teatro regresa este xoves, 12 de novembro, ás 20:15 horas, ao Edificio Multiusos...