HomeTerra de LemosMonforteAdif adxudica o tratamento de plataformas e cruces entre estes na estación...

Adif adxudica o tratamento de plataformas e cruces entre estes na estación de Monforte

Foron adxudicados á UTE formada por Petrolam Infraestruturas e Arias Infraestruturas.

Publicado o

- Advertisement -

Adif aprobou a adxudicación, por importe de 3.021.171,45 euros (IVE incluído), dun contrato para o tratamento de plataformas e cruces entre estes na estación de Monforte de Lemos.

Segundo informou Adif nun comunicado, os traballos forman parte dos proxectos de modernización do corredor ferroviario Ourense-Monforte de Lemos-Lugo e “perseguen unha dobre finalidade: mellorar o estado da infraestrutura e aumentar a fiabilidade das liñas e a calidade do servizo”.

“Estes labores contribúen ao desenvolvemento doutros obxectivos fundamentais de Adif como a seguridade das circulacións ferroviarias e dos viaxeiros, o tránsito e acceso universal dos usuarios e a integración das estacións no ámbito urbano fomentando a cohesión social dunha maneira sustentable”, explicou.

Os traballos, adxudicados á UTE formada por Petrolam Infraestruturas e Arias Infraestruturas, servirán, á súa vez, para adaptar os elementos obxecto deste contrato ás novas condicións de explotación que, asegura Adif, “traerán consigo as actuacións de mellora previstas neste tramo”.

O proxecto define as actuacións necesarias en plataformas, pasos inferiores e outros elementos da estación de Monforte de Lemos. “O obxectivo é adecuar a estación aos requirimentos técnicos, de interoperabilidade e de accesibilidade para Persoas con Mobilidade Reducida (PMR) que marca a normativa en vigor”, engade Adif, en especial no relativo ás cruces de vías entre plataformas para viaxeiros, “mellorando as condicións de explotación da liña e potenciando a competitividade da rede ferroviaria galega”, conclúe.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...