IniciosociedadeComezan en Monforte varias xornadas sobre prevención de riscos laborais no sector...

Comezan en Monforte varias xornadas sobre prevención de riscos laborais no sector agropecuario

A AGACAL celebra ata cinco xornadas sobre prevención de riscos laborais no sector agropecuario que se desenvolverán no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos. Comezan este luns 22 e celebraranse ata o venres 26 de novembro, en horario de 10,00 a 14,00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ao longo de catro horas de formación, o obxectivo é proporcionar tanto aos traballadores do sector agrario como aos que teñen intención de incorporarse os coñecementos básicos en materia de prevención de riscos laborais, coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades e unha cultura preventiva para diminuír os accidentes laborais neste tipo de actividades.

O programa arrancará cunha pequena introdución á prevención de riscos e cun repaso á lexislación relacionada, para logo abordar os riscos e medidas preventivas xerais e específicas na agricultura e na gandería, as actuacións en caso de emerxencias e o recoñecemento e uso de equipos de protección individual para a aplicación de produtos fitosanitarios. Por último, os asistentes desprazaranse á explotación do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte para levar a cabo unha análise de riscos.

Estas accións están dirixidas en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.   

Nesta páxina poden descargarse as solicitudes de asistencia correspondentes, que deberán remitirse cubertas ao enderezo electrónico ceca.monforte@edu.xunta.gal.

ÚLTIMAS

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, a de Eixón será unha foliada con...

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...