IniciosociedadeEduardo Iglesias, abandeirado de Galicia Calidade no Dakar 2022

Eduardo Iglesias, abandeirado de Galicia Calidade no Dakar 2022

Ao igual que no 2021, o deportista do Team Monforte Rally contará co apoio da Xunta de Galicia, a través de Galicia Calidade e a Secretaría Xeral para o Deporte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo este martes, 21 de decembro, un encontro na Cidade da Cultura co piloto de motos monfortino, Eduardo Iglesias, a quen desexou todos os éxitos para disputar o que será o seu terceiro Dakar.

“É un orgullo que Eduardo sexa abandeirado do selo Galicia Calidade no Dakar 2022, reivindicando o talento do deporte e dos deportistas galegos”, sinalou Conde, facendo referencia a que nesta aventura terá de novo o recoñecemento de toda a sociedade galega.

O vicepresidente económico destacou a contribución de Eduardo Iglesias á visibilización tamén do Xacobeo 2021-2022 nunha das competicións máis esixentes do mundo do motor, e que cada ano seguen medios de comunicación de todo o mundo.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...