Homesociedade349.000 euros para 13 programas de inclusión social en 6 concellos do...

349.000 euros para 13 programas de inclusión social en 6 concellos do sur da provincia

A Consellería de Política Social financiou con 349.000 euros un total de 13 programas de atención a persoas en risco ou situación de vulnerabilidade que desenvolverán seis concellos do sur lucense.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ao abeiro deste programa de axudas de inclusión social, os concellos poden desenvolver actividades de formación básica ou laboral adaptada ás necesidades dos destinatarios; establecer medidas de educación e apoio familiar, ou incidir en accións de mediación intercultural ou de carácter residencial.

Nas comarcas do sur, o concello de Monforte de Lemos asume case a terceira parte das achegas -105.575 euros- para desenvolver seis programas de atención a persoas e colectivos en risco de exclusión social.

Tamén resultaron beneficiarios os municipios de Quiroga, Pantón, A Pobra do Brollón, Chantada e Sober. A práctica totalidade destinan os apoios a ofrecer servizos complementarios de educación e apoio familiar dirixidos á inclusión social de menores.

O Goberno galego incrementou en 600.000 euros a contía desta orde con respecto á pasada convocatoria, e tamén aumentou o período para levar a cabo os programas subvencionados -de 20 a 22 meses- para dar maior estabilidade financeira ás corporacións municipais, sinala o delegado territorial.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...