HomesociedadeQueremos tren! demanda do BNG para as comarcas de Lemos e Quiroga

Queremos tren! demanda do BNG para as comarcas de Lemos e Quiroga

O deputado nacionalista, Nestor Rego, falou este venres na casa da cultura de Quiroga sobre o servizo de Renfe na comarca. O deputado nacionalista visitou tamén a Estación de Ferrocarril de Monforte de Lemos e o Porto Seco, constatando o abandono destas infraestruturas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Casa da Cultura de Quiroga acollía este venres, 1 de abril, un acto público organizado polo Bloque Nacionalista Galego, no que baixo o lema QUEREMOS TREN! abordouse a actual situación de abandono que tanto as comarcas de Quiroga e Lemos, como toda Galiza en xeral, sofren ao respecto das frecuencias e infraestruturas ferroviarias.

No decorrer do acto expuxéronse as bases da problemática dando paso ao posterior debate entre os asistentes. En palabras de Rego: ‘O BNG está a desenvolver unha campaña en todo o país para defender un ferrocarril sustentábel, público, de calidade e que se atendan as demandas históricas de Galiza en materia ferroviaria. Dentro desta campaña, estamos a reclamar as necesidades particulares de cada comarca. No caso do Sur de Lugo, formulamos preguntas no Congreso e iniciativas de cara a recuperar as liñas perdidas, así como as conexións e paradas suprimidas, como consecuencia do cambio de horario ocasionado pola chegada do AVE en decembro, que afecta en especial aos enlaces dos estudantes que viaxaban desde a estación de San Clodio-Quiroga’

Desde o BNG na comarca de Lugo Sul, afirman que este acto é a continuación dos desenvolvidos estes meses atrás, entre os que destacan a concentración realizada o pasado día 30 de xaneiro na estación de tren de San Clodio, na que participaron arredor de 200 persoas, ou as recollidas de sinaturas en Quiroga e San Clodio, nas que se pedía acabar coa continua supresión de trens na estación de San Clodio, un servizo que cubría as necesidades da poboación das comarcas de Courel e Caldelas e mesmo do Val de Lemos, demostrando deste xeito, en palabras do vocero do BNG en Quiroga, Xosé Manuel Fernández Montes, “o rexeitamento que as medidas tomadas por RENFE provocan entre a veciñanza”

ÚLTIMAS

Tomé Roca formaliza a súa renuncia como Presidente da Deputación e o BNG esixe a súa dimisión

De conformidade co disposto no artigo 52 do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo,...

27 e 28 de novembro de Mercado de Nadal en Quiroga

Coa finalidade de dinamizar o comercio local e incentivar o sector da artesanía o...

A A.V. do Saviñao pide unha ordenanza que prohiba a plantación de árbores pirófitas no municipio

Como antecedentes, a Asociación explica que este verán quedou patente o poder devastador dos...

Roteiro “entre petróglifos e castros” en Pantón

A asociación cultural Segredos de Pantón convida a unha nova actividade o vindeiro domingo...