IniciosociedadeRecoñecemento laboral para unha traballadora do Parador de Monforte

Recoñecemento laboral para unha traballadora do Parador de Monforte

O xulgado do social número 2 de Lugo recoñeceu o dereito a unha traballadora do Parador de Monforte a modificar o seu horario e reducir a súa xornada para coidar a súa filla menor.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A sentenza, asinada o pasado 28 de marzo e que é firme, concede á traballadora o dereito a modificar o seu horario para estender a súa xornada de 10,00 a 17,00 horas de luns a domingo. Ademais, condena a Paradores a abonar 1.500 euros por danos morais.

A empregada do Parador de Monforte acudira aos xulgados para reclamar á empresa pública de hostalaría o mantemento da xornada que realizaba desde o seu regreso dos permisos de maternidade e lactación. Con todo, a compañía cinguía o cumprimento deste horario ao período entre domingo e xoves, e obrigaba a traballadora a acudir de 11,00 a 18,00 horas os venres e os sábados.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, a de Eixón será unha foliada con...

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...