HomesociedadeMonforte recupera "concertos masivos e gratuítos" para as Patronais e engade un...

Monforte recupera “concertos masivos e gratuítos” para as Patronais e engade un día de festas

O concello de Monforte dá a coñecer o programa de concertos musicais das Festas Patronais, que se van celebrar do 10 ó 16 de agosto. La Oreja de Van Gogh, Edurne, Rosario, Ana Mena, Mago de Oz, Gin Toni`s e o grupo monfortino Malenne son as actuacións contratadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois de dous longos anos, neste 2022 Monforte volverá a celebrar as súas Festas Patronais, “dando un paso definitivo cara á normalidade que todos desexamos”, aseguraba o alcalde, José Tomé. “Unhas Festas Patronais que van recuperar a esencia que tiveron nos últimos 7 anos, con concertos masivos e gratuítos na explanada da Compañía, porque xa temos ganas de vela chea de xente como antes da pandemia”.

Este ano haberá un día máis de Festas Patronais. O día do Pregón será o día 10 de agosto e os concertos empezarán o día 11 e rematarán o día 16 de agosto. En total serán 6 días de festa máis o Pregón, o que supón 7 días de Festas, xa que nesta xornada tamén haberá unha actuación musical na Praza de España.

Programa actuacións musicais:

  • Mércores 10 de agosto: PREGÓN e actuación musical na Praza de España, que se incluirá dentro das actividades do Verán Cultural.
  • Xoves 11 de agosto: Orquestra FINISTERRE: 22:30 a 00:00h / 03:00 a 04:30h. e Orquestra PANORAMA: 00:00 a 03:00 h. (un único pase)
  • Venres 12 de agosto: LA OREJA DE VAN GOGH: 00:00 a 01:30 h. Orquestra LOS SATÉLITES: 23:00 a 00:00 h / 01:30 a 03:30 h.
  • Sábado 13 de agosto: EDURNE: 23:00 a 00:30 h., GIN TONI´S: 00:30 a 02:30 h., MALENNE: 02:45 a 04:00 h.
  • Domingo 14 de agosto: ROSARIO: 23:00 a 00:30 h., Orquestra LOS PLAYER`S: 00:30 a 02:00 h. / 02.30 a 04:00 h.
  • Luns 15 de agosto: ANA MENA: 00:30 a 02:00 h., Orquestra COSTA DORADA: 23:00 a 00:00 h / 02:00 a 04:00 h. Fogos artificiais de San Vicente: 00:00 a 00:30 h.
  • Martes 16 de agosto: MAGO DE OZ: 00:30 a 02:00 h., Orquestra ACORDES: 23:00 a 00:00 h / 02:00 a 04:00 h., Fogos artificiais do Río Cabe: 00:00 a 00:30 h.

As actuacións musicais empezarán ás 11 da noite e rematarán ás 4 da madrugada. O mandatario local manifestou que “estamos convencidos de que os concertos que temos programados van ser capaces de encher o recinto das Festas, debido á calidade das actuacións e tamén debido ó variado estilo musical dos concertos”.

Como novidade este ano tamén mellorarase a escenografía, o escenario vai ter unhas maiores dimensións, unha mellor sonoridade, e estará cuberto, o que vai permitir que aínda que chova algo, os concertos vanse celebrar igual.

Fogos artificiais

O Alcalde tamén anunciou que se contará cos Fogos de San Vicente na Torre da Homenaxe e tamén cos Fogos do Río Cabe, “tal e como se veñen disparando dende que os recuperamos en 2015”.

O Alcalde rematou salientando que “con este cartel, estamos convencidos que van ser unhas boas Festas, nas que van participar masivamente os monfortinos, e tamén van atraer a visitantes, dado que hai música para todos os gustos e iso vai ser bo para a economía monfortina, especialmente para o comercio e para a hostalería”.

O Programa Cultural do Verán e outras actuación ó longo do verán, daranse a coñecer máis adiante, “nel van ter cabida os grupos e músicos monfortinos, para saír adiante xuntos e non deixar a ninguén atrás, así que os artistas monfortinos van ter cabida nas Festas e na programación do Verán Cultural”, asegura o alcalde.

ÚLTIMAS

20 edicións do Castañazo, o 31 de outubro e 1 de novembro en Chantada

Do acto de presentación participaron o Concelleiro de Cultura de Chantada, Manuel Diéguez; a...

Ferido un home en Pantón tras caer na zona da Fervenza de Augacaída

O accidente ocorreu sobre as 18.40 horas deste xoves, cando un particular contactou co...

Último día para inscribirse no obradoiro de Alimentación Saudable para maiores de 60 anos do Programa Activa Monforte

O Espazo Gastronómico de Monforte, situado na Praza de Abastos, acollerá un obradoiro de...

Taboada vibrará este sábado cos Cantos de Taberna: 17 grupos, concerto e Foliada final

Taboada celebra este sábado 25 de outubro a súa V edición dos Cantos de...