HomeSucesosNovo corte da circulación ferroviaria Monforte-Ponferrada tras un problema coa catenaria

Novo corte da circulación ferroviaria Monforte-Ponferrada tras un problema coa catenaria

Os GES de Quiroga, axentes da Garda Civil e traballadores de ADIF axudaron a trasladar ata a N-120 aos viaxeiros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A circulación ferroviaria entre Montefurado e San Clodio, no tramo Monforte de Lemos-Ponferrada, atópase interrompida debido a un enganchón do pantógrafo dun tren coa catenaria. Así o confirmou o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), que sinalou que persoal da entidade traballa para restablecer a circulación canto antes.

Fontes de Renfe sinalaron que o tren afectado por esta incidencia foi o Rexional que cubría a ruta Ponferrada-Ourense. Os viaxeiros xa foron evacuados e trasladados por estrada a destino. Ademais, a interrupción da circulación neste punto obrigou a desviar por outro itinerario cara a León o Alvia A Coruña-Barcelona. Neste caso, os viaxeiros de paradas intermedias son trasladados por estrada.

Así mesmo, estas mesmas fontes explicaron que os pasaxeiros do Rexional que cobre a ruta Vigo-Ponferrada previsto para esta tarde realizarán o percorrido por estrada desde Ourense.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...