HomePolíticaO BNG de Monforte anuncia que non participará nos actos institucionais do...

O BNG de Monforte anuncia que non participará nos actos institucionais do 8M organizados polo Concello

Esta decisión, aseguran que responde á profunda contradición existente entre o discurso institucional e a realidade política actual do goberno municipal. O BNG considera que non se pode utilizar o feminismo como un elemento simbólico ou de imaxe mentres non exista un compromiso real, coherente e crible cos valores de igualdade, respecto e defensa das mulleres.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Grupo Municipal do BNG de Monforte vén de anunciar que os seus concelleiros non participarán nos actos institucionais organizados polo Concello de Monforte de Lemos con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.

Desde o BNG de Monforte sinalan que as institucións deben ser exemplares e actuar con responsabilidade, coherencia e credibilidade. “Non se poden dar leccións de feminismo desde o propio Concello de Monforte mentres non se actúe de maneira consecuente cos principios que di defender”, sinalan os concelleiros nacionalistas.

O feminismo non é unha cuestión estética nin unha cita no calendario, senón un compromiso firme coa transformación social, coa erradicación das desigualdades e coa defensa activa dos dereitos das mulleres. Por iso, o BNG considera que, “mentres a situación política actual continúe sendo a mesma, non se dan as condicións para participar en actos institucionais organizados polo Concello de Monforte que pretenden representar uns valores que non se están a garantir na práctica”.

O BNG reafirma o seu compromiso firme e histórico coa loita feminista e anuncia que na vindeira semana fará público un calendario de actividades propias en toda a comarca de Terra de Lemos para conmemorar o 8 de marzo. Estas iniciativas terán como obxectivo contribuír á reflexión, á mobilización social e á defensa real e efectiva da igualdade. Desde o BNG de Monforte reiteran que “o feminismo é unha loita colectiva que require coherencia, responsabilidade e compromiso político real, máis alá de declaracións institucionais”.

ÚLTIMAS

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...