IniciosociedadeGraduación de 2º de Bacharelato do IES A Pinguela

Graduación de 2º de Bacharelato do IES A Pinguela

O IES A Pinguela de Monforte vén de celebrar o acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato, Ciencias e máis Humanidades e Ciencias Sociais, na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos, que se encheu de familiares e amigos que quixeron seguir o acto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para este acto de graduación contouse coa colaboración e apadriñamento
da pediatra do Hospital de Ferrol, María Bocanegra
, alumna da primeira
promoción de BAC do instituto en 2002, hai xa 20 anos, e que fora
premio extraordinario daquela promoción.

Nun acto cargado de mostras de agarimo entre profesores e alumnos,
interviñeron, Diego Xesús López, profesor de Historia, en representación do
profesorado, catro alumnas dos 3 grupos de BAC e a profesora de Lingua
Galega e Literatura, Olga Novo, que recitou un poema inédito sobre o amor que dedicou ó alumnado graduado.

IES A Pinguela graduación 2º BAC / IES A Pinguela

Despois da colocación de bandas e entrega de orlas ós bachilleres e
visualización dun vídeo resume do seu paso polo IES A Pinguela, moitos desde 1º ESO, pechou o acto o director do instituto.

A xornada rematou cunha cea de confraternidade nun restaurante monfortino. “Desexámoslle a todos o mellor. Levan base académica e persoal para ser uns marabillosos profesionais e unhas excelentes persoas. Sempre seguiremos sendo a súa casa, onde son apreciados por todos os que os coñeceron. Boa sorte, amigos!!!!”, conclúen desde o IES A Pinguela.

ÚLTIMAS

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, a de Eixón será unha foliada con...

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...