IniciosociedadeMonforte celebra o San Antonio e presenta o seu IV Festival do...

Monforte celebra o San Antonio e presenta o seu IV Festival do Viño

O Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte terá lugar do 1 ó 3 de xullo no Paseo do Malecón de Monforte e contará coa participación de 27 adegas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte festexa este luns o día de San Antonio, festivo local. A xornada foi aproveitada para presentar unha nova edición do  Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, que se celebrará do 1 ó 3 de xullo, despois de dous anos sen celebrarse pola pandemia. Nesta edición participarán 27 adegas que ofrecerán ó visitante a posibilidade de degustar e gozar dunha ampla variedade de viños

“Estou convencido” sinalou o rexedor monfortino, “de que o Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte volverá a ser un evento de referencia no sur da provincia de Lugo, un evento destinado a público de todas as idades, onde quen nos visite poderá descubrir e sentir a Ribeira Sacra a través da súa paisaxe, gastronomía e tradición.

Participan as adegas: Algueira, Peza do Rei, Ponte da Boga, Abadía da Cova, Alma das Donas, Lucenza, Rectoral de Amandi, Don Bernandino, Adega Vella, Condado de Sequeiras, Pilares de Belesar, Rectoral de Gundivós, Guímaro, Viña Vella, Malcavada, Petrón, Don Cosme, Cruceiro, Finca Cuarta, Cividade, Santa Mª de Nogueira, Val da Lenda, Proencia, Finca Millara, Gullufre, Ciudáseis e Amedo.

O Festival contará  cunha Zona de Gastronomía:

  • “Queixo negro Buleri”
  • “Queixo Milkabra”
  • “Casa Neiras”
  • “Embutidos Suarna”
  • “Jamones D. Francisco”
  • “Jamones Roberto”
  • Panadería “La Luna”
  • E establecementos asociados a “E para comer Lugo”.

Actividades

Contarase con obradoiros infantís de contacontos con Anxo Moure e Brais Moure, ademais doutras actividades a cargo de  “Velaisca Animación” e un obradoiro de Olería Tradicional da Ribeira Sacra a cargo de “Figulus. Olería de Gundivós.”

Coma novidade este ano, organizaranse dous obradoiros para adultos de Iniciación á Cata de Viños da Ribeira Sacra, que contarán cun aforo de 30 persoas e se realizarán nun espazo habilitado no Stand de Recepción denominado “Sala de Catas”.

Contarase con tres ViñoRutas, o venres 1 de xullo, a partir das 15:15 h., terá lugar a VinoRuta do Sil: “Ribeira e Bosque”, na que os participantes farán un percorrido en catamarán polo Canón do Sil e se achegarán a unha das adegas adheridas da D.O. Ribeira Sacra (Regina Viarum).

O sábado 2 de xullo pola mañá, a partir das 9:30 h., terá lugar a ViñoRuta do Miño: “Camiñando entre viñedos”, na que se fará a ruta de sendeirismo dos Codos de Belesar, cun fermoso percorrido entre viñas por unha antiga calzada romana, viaxe en catamarán e visita a Abadía da Cova.

Pola tarde, dende as 15.15 h., terá lugar a terceira das rutas, a VinoRuta do Sil: “Viño e Tradición”, que levará ós participantes a coñecer un oficio centenario como é a Olería de Gundivós no concello de Sober. A continuación, visitaranse varios miradoiros e as adegas Rectoral de Amandi e Adega Vella. Para máis información, reserva de VinoRutas e inscripción no Taller de Catas será necesario chamar ó teléfono de contacto 611 533 271 ou enviar un email a festivalmonforte@gmail.com.

Actuacións musicais no Campo de San Antonio

Chegada a noite, a Praza do Campo de San Antonio acollerá 2 actuacións musicais os días 1 e 2 de xullo. O venres día 1 ás 11 da noite, terá lugar a actuación de POL 3.14 e o sábado, 2 de xullo, tamén ás 11 da noite, a compañía Nova Galega de Danza fusionará en vivo danza e música de raíz galega, tradición e vangarda con vocación universal, a través do seu espectáculo chamado “Leira”, coa colaboración da artista, Rosa Cedrón.

Ademais, despois da inauguración do festival, que terá lugar o venres 1 de xullo ás 7 da tarde, terá lugar a actuación de Donaire que é unha asociación musical folclórica de A Coruña que conta cunha longa traxectoria de actuacións e premios acadados, e que está  formado por bailaríns, pandereteiras e un grupo musical.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...