HomesociedadeO 24 de xuño comeza "Camiños e Románico no Concello de Chantada"

O 24 de xuño comeza “Camiños e Románico no Concello de Chantada”

Rutas todos os mércores e venres desde este día 24 ata mediados de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O venres, 24 de xuño, comezan as rutas para coñecer os Camiños e Románico no Concello de Chantada organizadas polo Concello de Chantada e a empresa Máis que Románico Rutas, especializada en rutas de turismo cultural. Este ano son un total de tres rutas:

  • Ruta do Románico da ribeira (todos os venres ás 16:30 desde o 24 de xuño ao 16 de setembro).
  • Ruta do románico do Faro (mércores 13 e 27 de xullo e 10, 24 e 31 de agosto ás 10:30).
  • Ruta dos camiños do Monte Faro (mércores 6 e 20 de xullo, 3 e 17 de agosto e 7 de setembro ás 10 horas).

As rutas realizaranse desde o 24 de xuño ao 16 de setembro. Para inscribirse é necesario reservar no teléfono 646 533 229. A saída está garantida. O prezo por persoa é de 5 euros, gratuíto para os veciños empadroados en Chantada e para os menores de 18 anos.

Os desprazamentos realizaranse en vehículos particulares nas rutas 1 e 2 e en microbús na ruta 3. O punto de encontro é diante do CEIP Eloísa Rivadulla-Avda. de Monforte (rutas 1 e 2) e Praza de Galicia (ruta 3).

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...