Homesociedade91.400 euros para renovar 23 hectáreas de pastos no Courel

91.400 euros para renovar 23 hectáreas de pastos no Courel

A Consellería do Medio Rural desenvolveu nos últimos meses un proxecto para a instalación de sistemas silvopastorís en cinco montes veciñais de man común dos municipios de Cervantes, Mondoñedo e Folgoso do Courel, nos que investiu 174.000 euros.

Publicado o

- Advertisement -

En Folgoso do Courel a Consellería investiu 91.400 euros para renovar 23,13 hectáreas de pastos, das cales 13,75 están no monte das Rozadas e 9,3 no de Seceda.

Os traballos executados incluíron a escavación en desmonte e o arranque ou acordoado de cachopas. Tamén se construíron infraestruturas de mobilidade, como pasos canadenses, que evitan que escape o gando que se cría en réxime extensivo, e mesmo se arranxou un camiño no monte de Seceda. Realizáronse peches perimetrais e instaláronse bebedoiros e comedeiros para o gando en distintos puntos do terreo acotado. Con estas medidas a Xunta asegura que pretende fomentar sistemas de xestión agraria sustentables e rendibles e contribuír á prevención de incendios.

José Manuel Balseiro sinala que hai un mercado crecente para os produtos alimentarios de calidade baseados en métodos de produción tradicionais, que son “compatibles coa obtención de rendibilidade para os produtores e poden contribuír a fixar poboación nova no rural”.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...