Precaución por neve en estradas da Comarca de Quiroga e Samos

Recoméndase circular con extrema precaución en vías de comunicación de Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil e Samos. A Deputación mantén despregado o dispositivo para facilitar a circulación neses puntos e outros da provincia de Lugo.

Neve nas estradas. Foto: Prensa Deputación

O Goberno da Deputación mantén despregado, no día de hoxe, o dispositivo de inverno para acondicionar as estradas da provincia por mor da neve e o xeo. Deste xeito, estase a traballar en 10 concellos da Montaña e Sur da provincia, sendo catro deles Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil e Samos.

Estanse a empregar fundentes para conseguir desfacer as placas de xeo que hai no firme e garantir así a seguridade dos usuarios das vías.

O Goberno Provincial está a actuar nas estradas nas que se transita con dificultade polas nevadas acontecidas nas últimas horas, con espesores duns 5 centímetros e placas de xeo acumuladas. Arestora non hai ningunha pechada ao tráfico pero recoméndase circular con extrema precaución nas seguintes estradas do sur de Lugo:

Folgoso do Courel: LU-P-1303 “de Seoane por Visuña a Ferramulín”, LU-P-4505 “de Poio por Louzarela a Teixeira”, LU-P-5004 “de Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín”, LU-P-1301, LU-P-1303.

Quiroga: LU-P-5001 “de Ponte Barreiro a Vilarbacú”; LU-P-5004 “de Cruz de Outeiro, por Seara e Ferramulín ao límite provincial”, LU-P-5002 e LU-P-5005.

Ribas de Sil: LU-P-5301, de San Clodio ao Alto da Cruz da Moa”.

Samos: LU-P-5603 “de Aira Padrón, por Ponte de Louzar a Praducelo”; LU-P-5601 “de Samos ao Courel e Rampa a Sta. Mariña”; LU-P-1306 “de Megoxe a Ferrería do Incio”; LU-P-5605 “de Parada, por Santalla a Ponte Lóuzara” LU-P-1306, LU-P-2503, LU-P-2507, LU-P-5602, LU-P-5604.

Cómpre resaltar tamén que o Executivo Provincial ofrece asistencia viaria municipal a todos os Concellos da provincia que o soliciten. Faino de xeito totalmente gratuíto e trátase dunha prestación que non ofrecen o resto de administracións, que é moi necesaria para as entidades locais, debido á súa falta de medios.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here