HomePolíticaO PP de Monforte leva a pleno solucionar as "deficiencias" do Polígono...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Os concelleiros populares sinalan que son moitas as empresas instaladas nesta área industrial que están a sufrir deficiencias, por exemplo, nun servizo básico como é o abastecemento de auga. “Non só falta presión, senón que se producen cortes frecuentes, ao igual que tamén sucede en moitos puntos da cidade”, explican.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local mellorar de forma urxente os problemas de falta de presión de auga e os cortes que están a sufrir todas as empresas, así como rematar a depuradora e poñer en servizo o aparcadoiro, sempre antes do remate do presente mandato.

Os populares sinalan que son moitas as empresas que precisan, para o desenvolvemento da súa actividade, o correcto funcionamento da auga, pero “unha rede de abastecemento da auga correcta é importante para calquera empresa, independentemente de que unhas precisen máis auga ca outras”.

A depuradora é outro dos puntos conflitivos, “Recentemente aprobouse no pleno unha nova prórroga do remate das obras por non ter previsto unha serie de execucións necesarias no proxecto de inicio, que agora é necesario facer. Esta demora dana gravemente os intereses das empresas”, lamentan.

Ademais destes servizos básicos, consideran fundamental facilitar o acceso e abrir o aparcamento polo que piden que se inste ao Ministerio de Transportes a colaborar na mellora dos accesos a este polígono industrial. “O acceso desde a Nacional 120 non está correctamente sinalizado, faltando iluminación e cun firme de acceso deteriorado polas continuas roturas de abastecemento da auga”, denuncian.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...