IniciosociedadeCondena por impago de salarios en Monforte de Lemos

Condena por impago de salarios en Monforte de Lemos

Coñecido o fallo do Xulgado do Social número 1 de Lugo, o sindicato comarcal de CC.OO. pronunciouse ao respecto criticando duramente á empresa de limpeza.

Publicado o

- Advertisement -

Dende a secretaría de acción sindical non entenden como pode haber empresarios que ‘exploten laboralmente’ aos seus traballadores e non lles paguen o soldo durante meses sabendo incluso que teñen fillos ao seu cargo.

Neste caso concreto, e segundo refire Comisións Obreiras, a empresa adebedaba soldos á persoa demandante dende o mes de agosto de 2018 ademais de acumular retrasos continuados no pago dende xaneiro a xullo do mesmo mes.

Dende a Secretaría de acción sindical ven como exemplar esta resolución, a sentencia 22/2019 do Xulgado do Social número 1 de Lugo, que condena á empresa de servizos de limpeza a pagar os salarios pendentes e tamén os intereses de mora que correspondan. Lembran ademais, que resulta lamentable que o empresario non se presentara nin á conciliación nin ao propio xuízo e que tampouco o fixese ninguén na súa representación, feito que demostra un desprezo absoluto á xustiza.

acción de rúa

Con motivo da campaña “Mobilízate contra a pobreza enerxética” CC. OO. instalará unha mesa informativa para a recollida de sinaturas o mércores 27 de febreiro na Rúa Cardenal de Monforte de Lemos entre as 10:00 e as 14:30 h.

ÚLTIMAS

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...