HomesociedadeOnde están as bondades do novo modelo de atención primaria?

Onde están as bondades do novo modelo de atención primaria?

CIG-SAÚDE Monforte denuncia que o SERGAS non está a cubrir as ausencias dos permisos e incapacidade temporal dos facultativos e da pediatra do Centro de Saúde de Chantada.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo a CIG Saúde, dos 6 médicos do centro de saúde de Chantada, a semana pasada faltaron 3 que non foron susbtituidos e nesta semana 1 máis, tamén sen substituto. Nesta situación o SERGAS alega que non hai médicos substitutos, pero din desde a CIG que teñen fontes que aseguran que iso no é certo. O resultado, que as consultas en Chantada están desbordadas, situación que a CIG califica de insostible. E apuntan, “O SERGAS non para de bombardear nos medios as “bondades” do novo modelo de atención primaria e como podemos ver en Chantada están “aplicándoo moi ben””.

O sindicato asegura que a situación se agrava con que no Centro de Saúde non hai pediatra nin odontóloga e o cupo pediátrico de 800 nenos está sendo atendido polos dous médicos de familia que hai no centro de saúde. Segundo a CIG, “Este novo modelo de atención primaria é unha cortina de fume que non está a solucionar os problemas graves que están a pasar os centros de saúde e os Pacs”. Engaden que o modelo desperta malestar entre os seus profesionais. A este respecto está  convocada unha folga de Atención Primaria para os días 9, 10 e 11 de abril.

A CIG tamén denuncia a desidia do EOXI por non ter dado resposta ás demandas dos traballadores do centro de saúde de Chantada e solicitan que se cubran as ausencias e baixas, crear un novo equipo no PAC de Chantada para saídas a domicilios, cobertura da pediatra e que xerencia do EOXI dea solución ao escrito sobre as deficiencias do centro.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...