IniciosociedadeMonforte consolida a Feira Medieval na axenda turística da Semana Santa

Monforte consolida a Feira Medieval na axenda turística da Semana Santa

Celebrarase os días 20 e 21 de abril e contará co maior orzamento da historia para ofrecer máis postos e novos espectáculos ao público.

Publicado o

- Advertisement -

A Feira Medieval de Monforte chega este ano á súa XVII edición cun goberno municipal moi implicado na súa consolidación para ser un referente turístico a nivel de Galicia na Semana Santa e tamén, se renovan mandato en maio, para chegar aos 20 anos de historia e acadar o recoñecemento de “Festa de Interese Turístico de Galicia”.

Proba da implicación co evento é a aposta económica do concello, que destinará un orzamento de 68.265,02 euros para a organización e a promoción do mesmo, un 12% máis que o ano anterior e un 65% máis con respecto ao orzamento de hai catro anos.

José Tomé Roca, Alcalde de Monforte, salientou o pasado sábado na presentación do Programa Oficial da Feira Medieval que “isto tivo como consecuencia un crecemento continuado da propia Feira Medieval, aumentando a superficie da cidade que se destina á celebración do evento e incrementando en preto de 40 os postos de diferentes mostras e sectores relacionados co artesanía, hostalería e outras actividades.”

José Tomé Roca presentando o programa no mercado temático de ambientación medieval na Praza de Abastos / XdL

Respecto ás actividades que funcionan cada ano e que se consolidan xa no programa oficial, cómpre mencionar o Campamento Medieval, o Campamento Infantil Medieval, a Caravana de Burriñas, o espectáculo de aves de rapiña e cetrería, e as Xustas Medievais.

No Campamento Medieval, que estará na Praza España, a Asociación de Recreación Histórica Cabaleiros de Ulver transportará aos presentes aos tempos do Medievo con obradoiros, exposicións de armas, coleccións de indumentarias, utensilios, etc. Para os máis pequenos/as as actividades que trunfan son o Campamento Infantil Medieval, onde o Convento das Nais Clarisas, con diferentes xogos e atraccións medievais, e a Caravana de Burriñas, co punto de saída na Praza Doutor Goyanes.

En calquera evento medieval que se prece non pode faltar a cetrería, e en Monforte menos por ser tamén unha das actividades que se está a consolidar ano tras ano. Dende a pasada edición a súa localización pasou ao Campo de San Antonio, onde o Concello, lugar máis axeitado polo amplo espazo e por non ter problemas de cables para as aves. Este ano haberá espectáculos máis espectaculares e con máis aves a cargo da agrupación “Águilas de Valporquero”, unha referencia no mundo da cetrería.

Como en anos anteriores haberá unha salva de artillería, cunha réplica dunha bombarda do século XIV, para dar comezo á Feira e non faltarán as Xustas Medievais, que atraen a numeroso público no campo de terra dos Pais Escolapios.

novidades da xvii edición

Na programación deste ano incorpóranse actuacións de xigantes, bufóns e artesáns ao redor da Praza España e ás 12:00 h. do sábado uns pregoeiros desenvolverán un espectáculo para informar ao público do gran acontecemento que terá lugar na fin de semana en Monforte. A continuación saudará o alcalde para declarar oficialmente inaugurada a Feira Medieval 2019.

Aumentarán o número de espectáculos de rúa, 6 máis que na edición anterior, e dous números espectaculares. Un deles na Praza España, que consistirá en números de acrobacia e técnicas aéreas, e outro espectáculo de lume no que se combinarán técnicas de manipulación de lume e pirotecnia fría con música, danza e malabares. Este último terá un remate máxico consistente na queima da fachada do Pazo dos Condes de Lemos e servirá de antesala á solta dos faroliños tras a subida a San Antonio da comitiva medieval con fachos a ritmo de tambores.

Animación de rúa medieval. Foto: XMF

Proba do crecemento da Feira Medieval deste ano é o aumento no número de postos. Este ano están confirmados xa 117, 6 máis que no 2018, e correspóndense con 56 de artesanía, 34 destinados ao comercio e 27 á alimentación.

O Alcalde, Tomé Roca, lembrou que ademais do concello tamén se está implicando a hostalería local ao ofrecer menús medievais e esforzarse máis na decoración dos establecementos; e mesmo o Parador de Turismo de Monforte que recupera a Cea Medieval do sábado noite. Os interesados/as poden reservar no 982 418484 ou no correo electrónico monforte@parador.es

ÚLTIMAS

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...