IniciosociedadeFolgoso do Courel e A Pobra do Brollón máis preto de ter...

Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón máis preto de ter as súas residencias de maiores

O Executivo Provincial aprobou este venres na Xunta de Goberno a aceptación das parcelas para a construción de centros para maiores nos Concellos de Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón e Portomarín, que poñen á disposición da Deputación os propios municipios.

Publicado o

- Advertisement -

Na Pobra do Brollón adicaranse 1,6 millóns de euros á residencia, que poderá ofrecer atención profesional a 30 maiores. As obras, que están en proceso de contratación, poderán adxudicarse previsiblemente no vindeiro mes de maio.

A parcela que pon a disposición o concello da Pobra do Brollón conta con 7.035 metros cadrados e está situada ao carón da Avenida Outeiro, e ao carón do centro de día municipal. O novo inmoble, duns 1.700 metros cadrados, contará con 2 plantas:

– o semisoto, de 277 metros cadrados, acollerá o almacén, lavandería, vestiario e locais técnicos;

– na planta baixa, de 1.531 metros cadrados, situaranse a área residencial, a zona de convivencia, o comedor e cociña, a área de atención especializada e os espazos de dirección e administración.

A área residencial, con zona dedicada exclusivamente a dormitorio, ocupa toda a parte frontal do edificio e disporá de 18 cuartos, con baño adaptado.  O centro tamén contará con despacho médico, sala de curas, 2 habitacións de enfermería e un baño asistido.

En Folgoso do Courel espérase poder aprobar pronto o proxecto definitivo e iniciar a contratación. A finca na que se construirá esta dotación social para 52 usuarios, ten 7.000 metros cadrados e esta situada á carón da rúa do colexio. Conta cun edificio de 780 metros cadrados, divido en 2 plantas. Na planta de acceso, situaranse 16 habitación dobres con capacidades para 32 maiores, unha área de recepción administrativa así como a enfermería, na que se inclúe un baño xeriátrico.

No semisoto, situaranse as dependencias de uso común e diúrno, tales como a sala de actividades, a polivalente do centro de día e da residencia, así como o comedor. Tamén están situadas as áreas de control, lavandería, cociña, vestiario de persoas e cuarto de instalacións. As 16 habitacións proxectadas en total contan cunha superficie duns 24 metros cadrados cada un. Todos dispoñen dun baño adaptado. 

En Portomarín, construiranse 13 apartamentos tutelados, con capacidade para 54 maiores. As obras están en contratación e poderán adxudicarse no prazo dun mes e medio, contan cun investimento superior aos 1,7 millóns de euros”. A parcela cedida polo concello de Portomarín conta cunha extensión de 800 metros cadrados e está situada fronte á Rúa Lugo, e preto da casa do Concello. Nela, construirase un edificio de 2.200 m2 e 4 plantas.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...