InicioSucesosCinco persoas feridas en Monforte logo dunha liorta na madrugada do sábado

Cinco persoas feridas en Monforte logo dunha liorta na madrugada do sábado

Cando os axentes de policía chegaron ao lugar, a liorta xa concluíra e as cinco persoas feridas xa se dirixían ao Hospital de Monforte en dúas ambulancias, tal e como informan fontes municipais.

Publicado o

- Advertisement -

Cinco persoas precisaron asistencia sanitaria no hospital comarcal tras recibir golpes e cortes nunha multitudinaria pelexa nunha zona de bares e pubs en Monforte de Lemos, na madrugada do sábado.

Ocorreu sobre as 5,00 da mañá, cando a central do 112 Galicia recibía a chamada de varios particulares para informar dun grupo de persoas, entre 10 e 20, que estaban a protagonizar unha liorta na rúa Duquesa de Alba, segundo informan a Europa Press fontes deste servizo de emerxencias.

Seguidamente, o 112 pasou o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Polía Nacional e á Local, que xa tiñan constancia do ocorrido e xa se atopaban de camiño.

Con todo, cando os axentes chegaron ao lugar, a liorta xa concluíra e as cinco persoas feridas xa se dirixían ao Hospital de Monforte en dúas ambulancias, tal e como informan a Europa Press fontes municipais.

Unha vez no centro sanitario, a Policía Local conseguiu identificar a este cinco persoas no marco das investigacións para esclarecer o ocorrido e localizar a outros posibles participantes na liorta.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...