HomeSucesosOito persoas feridas e un edificio desaloxado por un incendio nun piso...

Oito persoas feridas e un edificio desaloxado por un incendio nun piso de Monforte

Nas primeiras horas da mañá deste domingo, 26 de decembro, oito persoas, entre as que se contaba unha menor, resultaron feridas de diversa consideración, nun incendio que obrigou a desaloxar un edificio na rúa Roberto Baamonde de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ás 07:30 horas de hoxe un lume no interior dunha vivenda da Rúa de Roberto Baamonde alertaba aos veciños, que deberon abandonar o inmoble ata finalizar as tarefas de extinción. O 112 Galicia recibiu a alerta e enseguida púxose en marcha un operativo no que participaron Bombeiros de Monforte de Lemos e os axentes da Policía Local e Nacional, que confirmaron o desaloxo do edificio de tres plantas no que se declarou o lume.

Pola súa banda, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ocupáronse do traslado de sete das persoas que resultaron afectadas, mentres que os bombeiros fixeron fronte ás lapas.

De acordo coa Policía Local, unha menor foi evacuada ao hospital por particulares. Agora, o incendio está controlado, pero os servizos de emerxencias continúan no lugar dos feitos ata a completa extinción do lume.

ÚLTIMAS

O Correlingua comeza en Monforte con estudantes de oito centros educativos

A deputada de Cultura Iria Castro participou este mércores no acto, que reuniu alumnas...

O sector turístico de Chantada fórmase en astroturismo cunhas xornadas que se celebran o 19 de maio

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada organiza para o martes, 19 de maio,...

Castro Caldelas convértese no epicentro da cultura galega

O acto de celebración dos 798 anos do Foro do Bo Burgo comezará ás...

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...