HomeSucesosReciben a alta catro dos feridos no incendio de Monforte

Reciben a alta catro dos feridos no incendio de Monforte

Entre os que recibiron a alta está a menor de 13 anos que sufriu un golpe nunha perna.

Publicado o

- Advertisement -

Os catro ingresados no hospital comarcal de Monforte de Lemos a raíz do incendio nun edificio xa foron dados de alta, segundo informan fontes municipais tras consultar coa dirección do centro sanitario.

Deste xeito, só quedan dous dos afectados ingresados na área de queimados do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). Entre os que recibiron o alta atópase a menor de 13 anos que sufriu un golpe nunha perna.

Este incendio orixinouse á primeira hora da mañá do domingo 26 nun edificio da rúa de Roberto Baamonde, onde se celebrou unha reunión familiar con motivo do Nadal. Neste suceso perdeu a vida un home de 52 anos e outras sete persoas resultaron feridas.

ÚLTIMAS

“Diversidade, autenticidade e carácter”, os tres trazos que lle outorgou Javier Olleros aos aceites de Quiroga

Quiroga vén de celebrar a exaltación do seu ‘ouro verde’ e suma un novo...

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...