HomeSucesosUn incrible afundimento de terra corta a principal vía de comunicación de...

Un incrible afundimento de terra corta a principal vía de comunicación de Quiroga con Folgoso

Aconteceu esta mañá, por casusas que aínda se descoñecen, e dificultará gravemente á mobilidade no Courel ao tronzar literalmente a LU-651.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -
O afundimento visto dende o lado da canteira da Campa. Foto: Ana.
Imaxe de parte da estrada afectada. Foto cedida.
Perspectiva do tramo da estrada afectada. Foto cedida.

Un tramo da estrada LU-651, que une os concellos lucenses de Folgoso do Courel e Quiroga, afundiuse este domingo á altura do quilómetro 18,300. Segundo confirmou o concello de Folgoso do Courel, non se produciron danos persoais.

A alcaldesa da localidade, Dores Castro, en declaracións a Europa Press, indicou que o derrubamento se produciu sobre as 13,00 horas deste domingo e afectou a uns 200 metros da vía. Así mesmo, mostrou o seu consolo porque “o máis importante” é que nese momento non circulase ningún vehículo por ese punto e non haxa que lamentar danos persoais.

A rexedora evitou valorar cales puideron ser as causas de que a estrada LU-651 se viñera abaixo este domingo. En todo caso, sinalou que serán os técnicos da Xunta, titular da vía, quen valorarán o sucedido e encargaranse de dar unha resposta ás causas deste suceso, á vez que guiarán o proceso de restablecemento.

Fontes da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade consultadas por Europa Press confirmaron que se desprazaron ata o lugar técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas. Ademais, manifestaron que nos próximos días informarán o alcance da actuación necesaria para poder restablecer a normalidade.

Debido ao afundimento, o concello solicitou aos cidadáns, a través das redes sociais, que eviten utilizar este viario e conduzan por estradas secundarias, como a de Vidallón, por onde xa se desviou o tráfico cando se realizaron obras nesta vía. Nestes momentos a zona atópase sinalizada e no lugar hai despregado un operativo con persoal da Xunta, do GES de Folgoso do Courel e efectivos da Garda Civil de Tráfico.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...