InicioSucesosUn ferido por mor das lapas que afectan ó corazón da Ribeira...

Un ferido por mor das lapas que afectan ó corazón da Ribeira Sacra

Os traballos de extinción do lume de Pantón provocaron que algunhas pedras caeran á vía do tren provocando que un pasaxeiro do convoi, que circulaba pola zona naquel momento, resultase ferido

Publicado o

- Advertisement -

A primeira hora da tarde do luns 8 de outubro declarouse un incendio no Concello de Pantón.

O lume, previsiblemente provocado, deu comezo na ladeira dos Canóns do Sil, en pleno corazón da Ribeira Sacra. A forte pendente da zona e a frondosidade dos piñeiros que alí se localizan, provocaron cas labores de extinción fosen moi complicadas.

Traballos de extinción no incendio de Pantón/@UGTForetaisGalicia

Segundo puido saber este xornal, o lume de Pantón provocou que o tráfico viario estivera cortado durante as labores de extinción por seguridade. Debido a estes traballos, algunhas pedras de gran tamaño caeron ás vías do tren. A media tarde, e xa cas lapas controladas, volveuse restablecer o tráfico ferroviario. Nese intre, as máquinas que seguían traballando na zona provocaron un novo escorremento de pedras alcanzando a un tren que circulaba nese intre. Polo momento, sábese que un pasaxeiro do convoi resultou ferido.

ÚLTIMAS

Restauración da imaxe da Virxe dos Remedios da Ermida, en Quiroga

A imaxe da Virxe dos Remedios da Ermida está a sufrir unha importante restauración...

‘Volta ao xogo’: o novo single dos chantadinos TIAM Gz

Tras dous anos sen sacar temas, neste 2024 a banda de Chantada TIAM Gz...

Curso de ‘alquimia herbal’ en Torbeo, Ribas de Sil

Os e as amantes das plantas, e do seu poder medicinal, teñen a vindeira...

Rebaixan a pena dun veciño de Monforte condenado por violación

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo rebaixou, en aplicación da lei do...