IniciosociedadeA Xunta destinou ao concello do Incio 3 millóns de euros no...

A Xunta destinou ao concello do Incio 3 millóns de euros no 2018

Segundo o delegado territorial, José Manuel Balseiro, que este venres visitou o municipio, con esta inversión o Goberno Galego case triplica o orzamento anual do concello.

Publicado o

- Advertisement -

O delegado territorial supervisou, durante a súa visita, as obras executadas no camiño da Veiga e lembrou que no pasado ano rematouse o arranxo integral da estrada autonómica LU-642, e fixéronse reformas dos camiños municipais e vías forestais que supuxeron preto de 1 millón de euros.  En prevención e extinción de incendios a achega foi de case 113.000 euros para a constitución dunha brigada e para a adquisición dun tractor de roza. As axudas para o impulso ás explotacións agropecuarias do municipio sumaron máis de 1,2 millóns de euros.

Balseiro subliñou os 250.000 euros destinados a financiar o servizo de axuda no fogar e as libranzas vinculadas ao coidado de persoas en situación de dependencia. No eido do patrimonio cultural, indicou que se está a desenvolver un proxecto de xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos en trece concellos da contorna, no que participa O Incio, e está prevista a restauración da igrexa de Santa Cruz do Incio, proxectos que suman 178.000 euros.

Destináronse tamén ao municipio, partidas para dotacións de emerxencias, contratación de dous traballadores para os servizos municipais, melloras en infraestruturas educativas e deportes, por importe global de 30.000 euros. A Xunta inviste 206.000 euros a través do Fondo de Cooperación Local, que o concello pode destinar ás obras ou servizos que considere prioritarios.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...