HomeEconomíaAdif adxudica as obras de mellora do tramo Ourense-Monforte

Adif adxudica as obras de mellora do tramo Ourense-Monforte

Por máis de 23 millóns de euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) aprobou a adxudicación dun contrato de máis de 23 millóns de euros para a mellora da infraestrutura no tramo Ourense-Monforte de Lemos.

Segundo explican nun comunicado, o contrato –adxudicado a Vías e Construcións por 23.074.700 euros– inclúe o tratamento de 12 pontes, oito túneles, un terraplén e 25 desmontes entre os puntos quilométricos 009/059 e 019/798 da liña Monforte de Lemos-Vigo (tramo Ourense-Monforte).

Os traballos –financiados pola Unión Europea-NextGenerationEU.– mellorarán tamén a drenaxe da infraestrutura, mediante a construción de novos elementos, e servirán para adaptar as estruturas aos parámetros marcados pola instalación de nova electrificación a 25 kV en corrente alterna, que se executará entre as estacións de Ourense e Monforte de Lemos.

Destacan ademais que o obxectivo das actuacións “optimizar as condicións de explotación comercial da infraestrutura en parámetros como a fiabilidade, o confort e os tempos de viaxe”. Así, ademais do xa citado, renovarase a liña aérea de contacto e optimizaranse as instalacións de seguridade e telecomunicacións, así como as plataformas e cruces entre plataformas das estacións do trazado.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...