HomePolíticaO PP levará a Pleno todas as terrazas dos establecementos hostaleiros de...

O PP levará a Pleno todas as terrazas dos establecementos hostaleiros de Monforte

Julía Rodríguez e o seu equipo de goberno levarán as súas iniciativas a Pleno este luns

Publicado o

- Advertisement -

O Grupo Municipal do PP levará ao Pleno deste luns unha iniciativa a través da cal solicitan que o Goberno local modifique a actual Ordenanza Municipal Reguladora da Instalación de Terrazas, que data do ano 2010, e, deste xeito ,se mellore o procedemento de solicitude e prórroga das licenzas, se redefinan os tipos de terrazas e se contemplen outras posibilidades de localización, distancias e dimensións, favorecendo a circulación de peóns.

Deste xeito, os populares consideran que se favorecen novas zonas de terrazas e non só no casco histórico, provocando que aqueles negocios interesados poidan contar con novas fórmulas, tales como plataformas na calzada, como xa existen noutras localidades.

Segundo eles, esta revisión é necesaria por dous motivos, “favorecer a actividade económica dos establecementos monfortinos, dotándoos de mecanismos que favorezan a súa visibilidade e actividade, tamén en barrios e zonas menos céntricas e que deste xeito conten coa necesaria seguridade xurídica e por outra banda esta revisión debe servir para definir e favorecer a circulación de peóns”.

normativa do casco histórico

Os populares tamén precisan que o Concello conta cunha Ordenanza municipal Reguladora da Instalación de Terrazas, Toldos, Parasoles, Celosías e Biombos nas zonas de interese Turístico, que se publicou no BOP en decembro do 2015. A este aspecto, tamén solicitan na súa iniciativa que se aproveite a revisión da ordenanza do 2010 para incluír no texto esta normativa reguladora do 2015 e que afecta aos hostaleiros do casco histórico.

 

ÚLTIMAS

Moito público e gran participación no Desfile de Martes de Entroido monfortino

Con máis de 1.300 participantes no Desfile de Comparsas e Disfraces e as rúas...

O Oso de Salcedo volveu facer das súas este luns

Arias felicitou á veciñanza de Salcedo polo seu traballo para preservar "un dos Entroidos...

1.300 inscritos na XII edición do Quiroga Trail Challenge

Pechadas xa as inscricións unhas horas antes da data límite por prazas esgotadas destácase...

‘Amandi. Un viño de cine’ anunciará a cita de Sober

O xurado, formado por técnicos municipais, elixiu entre unha vintena de propostas chegadas de...