HomeEconomíaA Asociación de Hostaleiros de Monforte a prol do consenso do decreto...

A Asociación de Hostaleiros de Monforte a prol do consenso do decreto das terrazas

Beatriz Vila, presidenta da Asociación de Hosteleiros de Monforte súmase á regularización das terrazas

Publicado o

- Advertisement -

O 23 de maio, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, fixo pública a regularización das terrazas da Rúa Cardenal e da Praza de España. Unha modificación que os hostaleiros de ditas rúas deberán de acatar na época estival que é cando está previsto que de comezo a instalación das mamparas e biombos por parte do Concello como xa anunciamos no XdL .

Ante esta regulación dos espazos públicos, o PP manifestou que levará o próximo Pleno do día 28 a revisión de todas as terrazas de Monforte e non solo a das rúas anunciadas polo rexedor socialista como se pode ler no seguinte enlace XdL.

Dende a Asociación de Hostaleiros de Monforte manifestan que, “estamos de acordo con que hai que regularizar a situación. Dende o noso punto de vista, se os hostaleiros están dacordo cas medidas tomadas por parte do Alcalde, nós non temos nada que engadir. Consideramos que uns espazos de entre 43 e 47 metros cadrados é suficiente para que todos os hostaleiros poidan rentabilizar ó máximo posible as súas terrazas”. Beatriz Vila tamén engade que, “por outra banda, tamén estamos dacordo con que se deben de regularizar todas as terrazas de Monforte e non só as que comentou o Alcalde. Todos os empresarios pagan impostos polas mesas que poñen na rúa pero está claro que dende o ano 2010, que foi cando se publicou a última ordenanza, hai moitas cousas que hai que cambiar. Dende o noso punto de vista só se debería de pagar polos días de uso das mesas no exterior. Este é o caso da Feira Medieval ou Semana Santa; hai bares que unicamente sacan as mesas os días que duran os eventos e sen embargo, teñen que pagar todo o mes. Os prezos tamén deberían de cambiarse posto que as mesas máis aleixadas da fachada do local teñen uns prezos abusivos”.

Dende a Asociación consideran que “aínda queda moito traballo por facer neste sentido. Debemos de atopar sempre solucións que non prexudiquen a ninguén e iso é complicado. Tamén hai que estudar outras variables e alternativas ás existentes en canto ao terraceo”.

ÚLTIMAS

Condenadas a dous anos de cárcere a exconcelleira de Láncara Begoña López e o seu pai por estafa e falsidade

A Audiencia Provincial de Lugo condenou á exconcelleira socialista de Láncara Begoña López e...

163 deportistas participaron en Pantón nos Xogos Autonómicos Special Olympics Galicia

O pasado sábado 16 de maio o campo municipal de O Baliño en Ferreira...

O 23 de maio, XI Festival do Paradiso co retorno dos poetas afogados

Náufragos do Paradiso, anunciaba en agosto do 2023 na súa sede da Rúa Roberto...

Ferida unha muller ao colidir unha moto e un vehículo no concello de Sober

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foi un particular quen deu conta do accidente...