IniciosociedadeQueda inaugurado o alumeado de Nadal 'máis completo' da historia de Monforte

Queda inaugurado o alumeado de Nadal ‘máis completo’ da historia de Monforte

O acendido oficial tivo lugar esta tarde do venres 3 de decembro na Praza de España, diante dun cono de 14 metros de alto a xeito de árbore de Nadal. O investimento total alcanzará os 50.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acendeu oficialmente a iluminación de Nadal 2021, acompañado de 2 concelleiras e 4 concelleiros do equipo de gorberno. Foi na Praza de España, diante dun cono a xeito de árbore de Nadal cunha altura duns 14 metros. En verbas do Alcalde “queremos transmitir unha nova esperanza, para que a xente poida facerse fotos no seu interior e para inxectar ilusión e alegría nas persoas que viven ou que visitan Monforte” .

O Equipo de Goberno monfortino decidiu investir 50.000 euros no alumeado de Nadal deste ano. “A maior inversión en alumeado de Nadal na historia de Monforte, cun incremento en relación co ano anterior, de 22.000 euros”, subliñou o rexedor monfortino.

En total, superaranse as 50.000 luces –20.000 máis que o pasado ano– e haberá 232 arcos –70 máis que no 2020– co obxectivo de dinamizar o Nadal e favorecer o movemento comercial en Monforte. O alumeado apagarase o domingo día 9 de xaneiro. Os arcos son de Led, de baixo consumo e maior visibilidade.

MONFORTE COMPLETAMENTE ILUMINADO

Ademais das 64 rúas iluminadas con arcos, tamén están adornadas a Torre da Homenaxe, a Praza de España, o Campo de San Antonio, a Praza de Carude, a Praza dos Chaos, a Praza da Estación, e 7 arcos de “Bo Nadal” que se ubican nas entradas á cidade de Monforte.

Tamén foi adornado coa Estrela de Nadal o cedro que se atopa entre a Praza das Casitas e a explanada da Compañía, “como unha guía que nos conduza cara a un ano mellor para todos”.

Para complementar o alumeado de Nadal, adornouse coa Estrela de Nadal o cedro que hai na Praza das Casitas, na explanada da Compañía, e estarán funcionando as fontes da cidade todos os días como se fose en horario de verán, de xeito particular, as fontes que teñen iluminación, como a da Estación, a das Casitas ou a do Parque da Compañía.

DESEXO FINAL DO ALCALDE

“O desexo do Concello” concluíu o Alcalde, “é que este amplo dispositivo de Nadal, sirva para animar á xente a saír á rúa, a mercar no comercio local, que anime e que alegre a vida dos nosos veciños e veciñas, e que en definitiva sexa o principio dun ano e dunha vida normal”.

ÚLTIMAS

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, a de Eixón será unha foliada con...

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...