HomesociedadeBotánica, fauna e paleontoloxía para todos os públicos nas montañas do Courel

Botánica, fauna e paleontoloxía para todos os públicos nas montañas do Courel

A Deputación vén de abrir o prazo para inscribirse na nova programación de actividades de turismo científico OBSERVER nas montañas do Courel e dos Ancares para a temporada primavera-verán.

Publicado o

- Advertisement -

As actividades, todas elas de balde, desenvolveranse de maio ata agosto e consistirán en rutas, paseos e actividades explicativas con temáticas vinculadas á ciencia como a xeoloxía, botánica, fauna, astronomía e a paleontoloxía.

A primeira actividade no Courel será o día 8 de xuño na aula da natureza de Moreda a partir das 11.00 h. Co título “A Devesa da Rogueira: o auténtico bosque atlántico galego”, desenvolverase a xornada de 2 horas e media. Cóntase con 30 prazas.

A seguinte cita centrarase na fauna e terá lugar o día 13 de xullo ás 10.00 da mañá en Froxán. A xornada de 3 horas e para 25 persoas leva por título “Osos e demais mamíferos: buscando rastros”. A última cita deste ano no Courel será o día 21 de agosto a partir das 11.00 da mañá no Museo Xeolóxico de Quiroga. A actividade de 2 horas de duración e cun límite de 30 prazas, leva por título “Viaxando na máquina do tempo: os animais de Ancares e Courel”.

A programación completa e as actividades dos Ancares poden consultarse no seguinte enlace, onde tamén se poden facer as inscricións.

A finalidade deste programa de actividades é dar a coñecer desde unha óptica vinculada á ciencia, e dirixida ao público en xeral, a riqueza e os valores naturais das montañas do Courel e os Ancares. Esta programación está aberta a todos os públicos. Nas actividades poden participar visitantes, estudantes, público familiar, escolares ou calquera persoa interesada en actividades que buscan un turismo singular e diferente.

ÚLTIMAS

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...