HomeCulturaTarde de radio no IES A Pinguela de Monforte

Tarde de radio no IES A Pinguela de Monforte

Os rapaces deste centro educativo puideron comprobar como se realiza un programa de radio e participaron activamente contando experiencias e preguntando cousas relacionadas co mundo radiofónico.

Publicado o

- Advertisement -

Radio Principal Cadena Ser de Monforte leva dous anos cedendo pequenos espazos da súa programación para que rapaces e rapazas do IES A Pinguela expresen, a través das ondas, as súas experiencias en diferentes temas relacionados con actividades educativas.

A iniciativa partiu de Xosé Manuel Castro González, profesor deste centro de ensino, que ideou unha actividade consistente en gravar pequenas pezas de audio nas que os rapaces contan as súas experiencias en traballos ou situacións creadas ao redor das xornadas escolares. Gravadas estas pezas, de xeito bastante caseiro, son levadas cada certo tempo aos estudios da emisora local da Ser en Monforte para emitilas dende alí, vivir a experiencia da radio e aproveitar o seu maior alcance. Con esta actividade foméntase a comunicación, ben sexa como elemento de expresión persoal ben sexa como elemento de expresión e entendemento en equipo.

Segundo nos conta Rafa Aguiar, técnico de son e locutor de Radio Principal Cadena Ser, os rapaces teñen presentado este ano gravacións moi interesantes; falando da experiencia do intercambio con alumnos/as franceses, do proxecto e proceso de gravación dunha curtametraxe, da experiencia vivida tras interesarse pola vida de clausura das monxas Clarisas ou explicando o que lles contaban os seus avós en relación a como se vivían as festas no seu tempo…

Así as cousas, o pasado 30 de abril, no canto de ir Xosé Manuel Castro ou os rapaces e rapazas á radio, foi esta a que os foi visitar. Ese día, co equipo oportuno para poder facer unha emisión radiofónica, desprazáronse ata alí a presentadora, María Valcarce, e Rafa Aguiar para que os alumnos e alumnas do IES A Pinguela vivisen o proceso de produción e de emisión dun programa de radio dende dentro.

Nunha hora de radio Xosé Castro fixo intervir a varios alumnos e alumnas para que contasen as súas experiencias sobre accións ou traballos realizados e tamén houbo opción de que o abarrotado Salón de Actos do centro fixese preguntas sobre a comunicación en xeral e sobre a radio en particular.

ÚLTIMAS

Charla informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Centro Cívico de Monforte

Con esta actividade, o Concello de Monforte quere ofrecer información e asesoramento técnico especializado...

Monforte anuncia corte na subministración de auga este 21 de abril no Polígono Reboredo, Piñeira e Distriz

O motivo deste corte é a realización de obras na rede de tubaxes co...

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...