HomePolíticaProblemas de accesibilidade na oficina de Correos de Seoane?

Problemas de accesibilidade na oficina de Correos de Seoane?

O PSOE de Folgoso do Courel denuncia problemas de acceso por mor da falta de planificación nas obras que se están realizando na principal rúa da vila.

Publicado o

- Advertisement -

Os socialistas denuncian as dificultades de accesibilidade que teñen os veciños e veciñas para entrar na oficina de Correos de Seoane debido ás obras municipais que se están realizando xusto diante dela, nunha rúa principal do núcleo rural.

A voceira municipal socialista, Carmen Álvarez, explicou que “dita oficina só abre 1 hora ao día, de 10:00 a 11:00 horas. Nese intervalo de tempo estaban os operarios do Concello botando alcatrán no chan, sen ter instalada unha pasarela para que as persoas, sobre todo maiores, puidesen acceder ao centro sen dificultade”.

Segundo Álvarez, a falta de previsión e planificación da alcaldesa fai que se descoñezan os horarios da oficina de Correos e nin sequera se pon solución facilitando o acceso con táboas de madeira. “E isto vén provocado polas présas de querer facer agora, antes das eleccións, todas as obras que non fixo nestes 4 anos de mandato”, engade.

Dende a formación socialista da oposición sinalan que a denuncia desta situación non se fai como crítica ás actuacións en favor dos veciños e veciñas de Seoane se non como chamada de atención para que se teñan en conta as necesidades das persoas que viven na vila.

ÚLTIMAS

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...