A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de “La isla de Amrum” e continuará o resto de venres do mes de novembro con proxeccións de películas en versión orixinal nos Multicines Hollywood (rúa Otero Pedrayo), ás 20:30 horas.
A entrada é gratuíta, pero para asistir cómpre recoller previamente as entradas na conserxería da Escola Oficial de Idiomas de Monforte, na rúa Calvo Sotelo, 65. As reservas pódense recoller cada semana desde o luns.
PROGRAMACIÓN
13 de novembro, Multicines Hollywood, 20:30 horas: “La copia perfecta”, (Francia, 2025). Título orixinal: “L’affaire Bojarski”. Dirixida por Jean-Paul Salomé. Versión orixinal en francés, con subtítulos en castelán.
20 de novembro, Multicines Hollywood, 20:30 horas: “Incontrolable”, (Reino Unido, 2025). Título orixinal “I Swear”. Dirixida por Kirk Jones. Versión orixinal en inglés, con subtítulos en castelán.
27 de novembro, Multicines Hollywood, 20:30 horas: “El primer día de mi vida”, (Italia, 2023). Título orixinal: “Il primo giorno della mia vita”. Dirixida por Paolo Genovese. Versión orixinal en italiano, con subtítulos en castelán.


