HomesociedadeO aceite de Quiroga busca ter a etiqueta de biosaudable

O aceite de Quiroga busca ter a etiqueta de biosaudable

Segundo o rexedor local, as variedades que se cultivan no Val de Quiroga conteñen polifenoles e un deles é o maior antioxidante do mundo e un potente anticanceríxeno.

Publicado o

- Advertisement -

EFE.- O vindeiro luns, día 13, os produtores de aceite de Quiroga enviaranlle aos responsables da cátedra de Análises Químicas da Universidade de Córdoba, mostras da súa produción para determinar se a súa composición pode permitir o uso da etiqueta de produto Biosaudable, que autoriza a Unión Europea.

O alcalde fixo este anuncio no transcurso da presentación dunha nova edición da Mostra do Aceite de Quiroga, que se celebrará o vindeiro 12 de maio. “Imos mandar as mostras o luns. Solicitamos a colaboración da Universidade de Córdoba, dunha cátedra de Análise Química”, para coñecer pormenorizadamente as propiedades das variedades de oliva que se cultivan nesta zona da provincia de Lugo.

Segundo sinala o rexedor local, as variedades que se cultivan no Val de Quiroga son únicas no mundo e detectouse que o aceite que se elabora con elas “contén polifenoles”. Un deses parafenoles é, segundo apunta o rexedor local “o maior antioxidante do mundo” e un potente “anticanceríxeno”, polo que tanto o Concello como os produtores tratan de determinar, mediante esa colaboración coa Universidade de Córdoba, en que cantidade están presentes esas substancias no seu aceite.

O obxectivo é confirmar cientificamente que o aceite de Quiroga ten esa substancia na súa composición; co obxectivo de que a Unión Europa permita utilizar a etiqueta de biosaudable. Segundo Julio Álvarez, a presenza desas substancias xa foi confirmada nalgúns aceites, pero agora “trátase de comprobar se, efectivamente, está en toda a produción” do Val de Quiroga. En canto ao aceite, lembrou que os produtores xa implantaron “as novas tecnoloxías” no proceso de elaboración, co que conseguiron un produto dunha calidade extraordinaria.

ÚLTIMAS

Como poden axudar os servizos sociais dos concellos?

As situacións de vulnerabilidade, vinculadas á soidade, depresión ou adicións fixéronse máis visibles durante...

A CHMS investirá case 8M€ na mellora do saneamento de Monforte

Este acordo de colaboración dá continuidade ás actuacións contempladas no plan director para a...

‘Showcooking outonal’ por parroquias en Monforte

O Concello de Monforte de Lemos comezou o pasado 21 de novembro unha interesante...

Reúnese a Mesa de Coordinación de Lemos para a mellora da atención as vítimas de violencia de xénero

A Mesa de traballo está composta por profesionais de toda a Comarca de Lemos...