InicioEconomía630.000 euros para a zona sur da provincia co Aprol Rural e...

630.000 euros para a zona sur da provincia co Aprol Rural e para o turismo

Os investimentos da Xunta de Galicia na Zona Sur co programa Aprol Rural e as axudas de turismo deste ano superan os 630.000 euros. No primeiro caso contratarase a 31 persoas e no segundo impulsarase a Ribeira Sacra e executarase a sinaléptica do xeoparque do Courel.

Publicado o

- Advertisement -

Doce municipios reciben co Aprol Rural máis de 364.000 para crear unha trintena de empregos relacionados coa silvicultura, limpeza de montes, xestión da biomasa, entre outras actuacións. Aprol Rural forma parte dunha medida activa de emprego dirixida á mellora da ocupabilidade das persoas sen un posto laboral. Os traballadores e traballadoras que se contraten terán que estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) e a duración dos contratos será de 9 meses e a tempo completo.

As axudas so Aprol Rural benefician aos seguintes concellos: Quiroga (26.300 euros e 2 traballadores), Folgoso do Courel (39.450 euros e 3 traballadores), Monforte de Lemos (52.600 euros e 4 traballadores), O Saviñao (50.179 euros e 4 traballadores), O Incio (26.300 euros e 2 traballadores), Taboada (26.300 euros e 2 traballadores), Ribas de Sil (26.300 euros e 2 traballadores), Pobra do Brollón (26.300 euros e 2 traballadores), Sober (25.458 euros e 2 traballadores), Pantón (26.300 euros e 2 traballadores), Chantada (13.022 euros e 1 traballador) e Carballedo (25.751 euros e 5 traballadores).

No marco das subvencións de turismo, a agrupación de municipios dos Concellos de Quiroga, xunto a outros once municipios perciben preto de 268.000 euros, cos que, entre outras actuacións, se levará a cabo a sinalización do xeoparque Montaña do Courel; a ruta dos viñedo de Belesar; o complexo arqueolóxico mineiro Covallón e o dos Xeomiradoiros; a creación da ruta pola Capela do San Vitorio e a Mesa dos Catro Cableiros, na Pobra do Brollón; a iluminación ornamental “Torre da Homenaxe e sinalización do patrimonio cultural do casco histórico, en Monforte; e a iluminación do Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón, das igrexas de Santo Estevo de Ribas do Miño, de Diamondi, da Cova e da Devesa, en Escairón.

As axudas distribúense do seguinte modo: Agrupación Concellos Comarca de Quiroga (15.981 euros), Sober (31.478 euros), Chantada (8.872 euros), Quiroga (9.862 euros), Folgoso do Courel (31.349 euros), Ribas de Sil (12.000 euros), O Incio (26.656 euros), Carballedo (7.707 euros), Pobra do Brollón (31.457 euros), Monforte de Lemos (40.535 euros), Pantón (20.508 euros) e O Saviñao (22.822 euros).

ÚLTIMAS

Recepción do piloto monfortino Eduardo Iglesias na Deputación de Lugo

Durante o encontro, José Tomé trasladoulle ao deportista os seus parabéns en nome propio...

Atopan xunto ao río o corpo sen vida dun home que desapareceu o sábado en Sarria

O corpo sen vida dun home de algo máis de 70 anos de idade,...

Ana Pontón visitou a XXXI Feira do Viño de Vilachá

A portavoz nacional, Ana Pontón, participou este domingo na celebración da XXXI Feira do...

Feira e poxa de Gando en Seoane do Courel

O sábado 4 de maio celebrouse un novo encontro gandeiro como os de antes...