HomeEconomíaAxudas para poñer en valor terras abandonadas

Axudas para poñer en valor terras abandonadas

As subvencións que convoca a Deputación de Lugo son de 500 euros por hectárea cun máximo de 9.000 por beneficiaria/o e o prazo para solicitalas remata o vindeiro 7 de xuño.

Publicado o

- Advertisement -

Dende onte xa se poden solicitar axudas para a recuperación de terras abandonadas no rural. Trátase dunha nova edición do chamado Plan de Recuperación de Terras Abandonadas, do que xa se levan beneficiado 220 lucenses que puxeron a producir 1.200 hectáreas.

Á vista do éxito desta iniciativa o Executivo Provincial reedita a convocatoria e inviste para esta ocasión 100.000 euros, os interesados e interesadas poden pedilas ata o 7 de xuño, toda a información atoparédela no BOP do 9 de maio.

Están dirixidas a gandeiros, labregos, agrupacións de produtores, SATs e veciñas/os que sexa titulares de explotacións, dispoñendo dunha hectárea de terra como mínimo. A achega por hectárea é de 500 euros e nunca máis de 9.000 por beneficiario/a.

A Deputación gábase de ser a primeira administración galega en apostar por unha medida destas características para poñer en valor terras ‘a monte’ no rural. Segundo o executivo provincial, con esta liña de axudas, que funcionaron xa nos anos 2014 e 2015, investíronse máis de 560.000 euros en 178 proxectos de agricultores que recuperaron 1.200 hectáreas de terreos baldíos na provincia.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...