HomeDeportesChantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

As Pistas de Tenis dispoñen de tres canchas para o xogo, vestiarios e iluminación adecuada para a práctica deste deporte sen luz natural. As instalacións son utilizadas polas Escolas Deportivas Municipiais e están abertas aos clubs e persoas que as soliciten.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do Parque Eloísa Rivadulla. As actuacións enmárcanse na liña de axudas da Xunta de Galicia para creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais. Esta subvención utilizouse nos últimos anos para mellorar parques infantís e nesta ocasión decidiuse investir nas pistas de tenis. As obras contaron cun orzamento de 51.462€ dos que a Xunta aporta o 70% e o resto correpóndelle ao Concello de Chantada.

As instalacións que se renovaran no 2020 coa mellora de dúas das canchas, complétanse agora coa nova pavimentación da terceira e o pintado dos distintos pavimentos e de todas as liñas de xogo de todas as pistas.

A maioires mellórase o servizo coa instalación dun novo sistema de acceso automatizado, replicando o instalado nas pistas de pádel. O acceso farase, polo tanto, a través dunha aplicación coa que os/as usuarios/as recibirán no móbil un código qr no momento de facer a reserva, con ese código poderán acceder ás pistas. Este novo sistema entrará en funcionamento proximamente.

Pistas de Tenis / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...