HomesociedadeSober conciencia contra a violencia de xénero

Sober conciencia contra a violencia de xénero

O Concello de Sober programa, coa colaboración de FEMForte, actividades para concienciar contra a violencia de xénero. As accións que se desenvolverán entre maio e xuño destínanse, principalmente, a nenos e mozos, pero haberá propostas para todos os públicos.

Publicado o

- Advertisement -

As actividades deron xa comezo nas Merendas con Contos coa posta en escena de ‘Contos vellos, novos finais’ a cargo da Trastenda dos Contos. A seguinte cita será o día 22 de maio no Colexio de Sober coa presentación do proxecto ‘Mellor sen violencia. Non me contes contos’. O xoves día 23 presentarase o proxecto ‘Mellor sen violencia. Quen é quen’.

O venres día 24 de maio as actividades trasládanse á Casa da Cultura de Sober onde se proxectará a Curtaforum ‘Matria’. O mesmo día na Pinguela presentarase o proxecto ‘Mellor sen violencia. Os mitos do amor romántico’. Entre os días 11 e 25 de xuño a Casa da Cultura de Sober acollerá a exposición fotográfica ‘Je Ne Baise Plus’ aberta a todos os públicos.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, pon en valor a celebración deste ciclo de actividades e sinala “que a loita contra esta lacra é un compromiso irrenunciable do Goberno local, que non escatimará en medios para combatela.”

As actividades están financiadas pola Secretaría de Estado de Igualdade, con motivo do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero, e foron valoradas e propostas pola asociación FEMforte, quen se encargou de deseñar a estratexia de intervención máis adecuada tendo en conta o público ao que están dirixidas as actividades, o contexto e as principais problemáticas ás que é preciso dar resposta dentro deste eido.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...