HomePolíticaEmprego e desenvovemento socioeconómico e industrial, prioridades do PP de Bóveda

Emprego e desenvovemento socioeconómico e industrial, prioridades do PP de Bóveda

O PP de Bóveda celebrou o seu mitin coa participación do candidato, José Manuel Arias, o conselleiro de Emprego, Economía e Industria, Francisco Conde, o senador electo, José Manuel Barreiro, e o delegado da Xunta, José Manuel Balseiro.

Publicado o

- Advertisement -

O cabeza de lista sitúa como principais liñas programáticas a ampliación do solo industrial en 90.000 metros cadrados, ademais de completar a rede de augas pluviais nesta infraestrutura. Todo co obxectivo de favorecer a creación de empresas e de novos postos de traballo.

José Manuel Arias explicou tamén que no vindeiro mandato, se revalidan a alcaldía, construirán a rotonda da intersección de Bóveda, aplicarán aglomerado en quente na LU-611, completarán o proxecto de aforro enerxético nas instalacións municipais, sacarán adiante o proxecto de produción de 160 novas hectáreas para uso agrogandeiro, porán en valor os xacementos socioarqueolóxicos, manterán e mellorarán os servizos e rebaixarán o IBI sen mermar o número e a calidade das prestacións.

Pola súa banda, Francisco Conde puxo en valor que “a alternativa de goberno que ofrece o PP pasa pordeseñar programas de emprego,facilitar o día a día das empresas, autónomos e comerciantes, e por mellorar as infraestruturas e servizos públicos en materia de educación, dependencia ou sanidade”.

A lista de José Manuel Arias, que é alcalde deste municipio dende hai 20 anos, está formada polas seguintes persoas:

  1. José Manuel Arias López
  2. José Luis Rivera Saco
  3. Dionisio Blanco Rubiños
  4. Francisco Javier Domínguez López
  5. Natividad Rodríguez López
  6. Cristina Juiz López
  7. Cintia Vidal López
  8. Patricia López López
  9. Pilar Valcárcel Pérez

Suplentes

  1. Iban Rodríguez Puente
  2. Flor Alba Cao Vázquez
  3. José Manuel Carballo Pérez
  4. Manuel Sarmiento López
  5. Vanesa López González
  6. Luis José Senra López
  7. Patricia Rivera Lorenz

ÚLTIMAS

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence...

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...