HomeMovementos sociais‘Fichar’, un paso importante para acabar coa explotación laboral

‘Fichar’, un paso importante para acabar coa explotación laboral

A Secretaría de Acción Sindical de CC. OO. Lugo valorou positivamente a implantación do rexistro da xornada na zona sur da provincia de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

Dende o sindicato valoran en positivo o diálogo emprendido pola patronal de todos os sectores nos distintos concellos da zona sur pois en todos os centros de traballo houbo unha boa predisposición para cumprir coa implantación do rexistro da xornada. Tanto é así que negociouse cos delegados e coa representación sindical a sinatura de entrada e saída en ‘planilla papel’ mentres non se instalen outras tecnoloxías.

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO. cre que con esta medida “deuse un paso importante para acabar coa explotación laboral, con xornadas de 12 horas sen remuneración nin compensación con respectivos descansos”.

O sindicato refire que son coñecedores de casos ‘sangrantes’ de traballadores que realizaron máis de 860 horas nun ano que se corresponderían cun importe económico xerado e non retribuído de 8.000 euros e non se lle pagou nin unha soa hora extra. E non queda aí a cousa, segundo amplía o secretario, Mario Docasar, “despois de ir reclamar, de boas maneiras, esas horas extras, a resposta empresarial limitouse a derivar á persoa á xestoría para recoller a carta de despido”.

Casos como os anteriores non deben pasarse por alto segundo Docasar que afirma tamén que a nova medida do rexistro horario da xornada laboral permitirá reclamar as horas extras realizadas e non pagadas, en moitos casos baixo unha contratación a tempo parcial.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...