HomePolíticaEmilio J. Sánchez, candidato do BNG, dá a coñecer o seu proxecto...

Emilio J. Sánchez, candidato do BNG, dá a coñecer o seu proxecto para Monforte

O candidato nacionalista afronta esta noite o mitin central da campaña a 5 días das eleccións. Apoiando o acto estarán a número dous da candidatura, Marga Rodríguez, e intervirán tamén, Francisco García, exalcalde de Allariz, e Olalla Rodil, Deputada no Parlamento Galego. 

Publicado o

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego de Monforte afronta a recta final de cara ás eleccións municipais do vindeiro domingo 26 de maio cunha intensa xornada.

Hoxe pola mañá, o candidato Emilio J. Sánchez repartirá información polo céntrico barrio de San Antonio acompañado de membros da candidatura e pola noite chegará o momento do gran acto de campaña que se desenvolverá na Casa da Cultura “Lois Pereiro” de Monforte ás 20:30 h.

No mitin, o candidato á alcaldía Emilio J. Sánchez estará acompañado pola número dous da candidatura Marga Rodríguez e intervirán tamén, Francisco García, exalcalde de Allariz, e Olalla Rodil, Deputada no Parlamento Galego.

Desde o BNG convidan a toda a veciñanza de Monforte a participar no encontro para coñecer de primeira man as propostas que Emilio Sánchez e o seu equipo presentan para o desenvolvemento da cidade.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...