Homesociedade2.000 quilos de cereixas na XVII Festa da Cereixa e do Aceite...

2.000 quilos de cereixas na XVII Festa da Cereixa e do Aceite de Ribas de Sil

A cita terá lugar o 1 e 2 de xuño na Praia Fluvial de San Clodio e contará coa participación de 20 stands nos que tamén se poderá mercar mel, viño, pan, produtos da horta, licores ou artesanía.

Publicado o

- Advertisement -

A XVII Festa da Cereixa e do Aceite de Ribas de Sil reunirá a 20 stands de produtos autóctonos do Concello de Ribas de Sil. Ademais de 6 produtores de cereixas e de aceites, participarán produtores de mel, viño, pan, produtos da horta, licores ou artesanía. Poñeranse á venda máis de 2.000 quilos de cereixas e 300 litros de aceite.

A Deputación colabora con 6.000 euros nesta Festa. Darío Campos Conde subliñou durante a presentación, que “dende o organismo provincial colaboramos con estas citas gastronómicas e turísticas para impulsar os produtos autóctonos e o comercio local, en definitiva, para pór en valor o mellor de cada un dos municipios da provincia, ao mesmo tempo que promovemos a chegada de visitantes e dinamizamos a actividade das nosas vilas.”

O alcalde el funcións de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela Vega engadiu que “esta cita supón un importante reclamo turístico para coñecer o noso municipio e, en xeral, a nosa Comarca. Contamos coas mellores cereixas da zona e tamén cun aceite ecolóxico de gran calidade, un produto único de Ribas de Sil”.

programa de actividades

Para o sábado 1 de xuño está prevista a apertura do recinto feiral pola mañá ao redor das 10.00 h. e un pasarrúas do Grupo de Gaitas de Ribas de Sil amenizará este comezo de festa.

Xa pola tarde, ás 18:00 h., abrirase na Aula de Pesca unha exposición de pinturas a cargo dos alumnos da Escola Municipal e terá lugar unha xornada de pintura ao aire libre. Ás 19:00 h. celebrarase o 12º Trofeo da Cereixa de fútbol na Área Deportiva da Praia Fluvial e ás 20:30 h. un grupo musical amenizará o recinto feiral.

De cara ao domingo 2 de xuño, tras a apertura dos postos terá lugar ás 20:30 h. unha exhibición de aikido a cargo da asociación Aikido-Ourense e ás 11:00 h. o Grupo de Gaitas local fará un pasarrúas matinal. Para as 12:00 h. está programada a actuación da Banda de Música de Vilalba e ás 13:00 h. José Antonio Arias Parga, exfotógrafo do xornal El Progreso, dará o esperado pregón deste ano.

Xa pola tarde, ás 17:00 h., farase unha demostración de cantería a cargo do artesán José Luís López Rodríguez grazas á colaboración do Centrad da Deputación de Lugo, e ás 18:00 h. actuará o Grupo de Gaitas de Quiroga ‘O Recanto’.

O fin de festa correrá a cargo do artista Paco Nogueiras co seu espectáculo familiar de música e humor “Radio BuleBule” ás 19:00 h.

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...