HomesociedadeEn marcha o Folión de Carros coa presentación do cartel anunciador

En marcha o Folión de Carros coa presentación do cartel anunciador

Do 4 ao 27 de xuño a sala de exposicións da Casa da Cultura de Chantada acolle unha exposición dos traballos presentados ao concurso de cartel anunciador do Folión de Carros 2019.

Publicado o

- Advertisement -

A directiva da Asociación Cultural Amigos do Folión convoca para o vindeiro martes 4 de xuño a partir das 11:00h., na Casa da Cultura de Chantada, un acto para a entrega de diplomas a todo o alumnado do IES Lama das Quendas e IES Val do Asma participante no Concurso de Carteis Folión de Carros 2019, e un premio para a autora do cartel vencedor, que servirá de cartel anunciador para o Folión de carros 2019.

A persoa gañadora coñecerase no propio acto. O alumnado dos dous centros educativos tivo a posibilidade de facer o deseño dun cartel para o Folión de Carros 2019, sendo un total de 46 os traballos presentados. O xurado estivo composto por Laura Vázquez, Segundo Navaza, Jon González, Cristina Ouro, Tamara Prado e José Manuel González.

As profesoras de debuxo Aura Míguez (IES Lama das Quendas) e Lola López (IES Val do Asma) foron as supervisoras e guías para que os traballos presentados polo alumnado foran tantos e de tanta calidade estética e temática.

A Mostra co conxunto dos carteis presentados sexa visitable durante todo o mes de xuño na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Chantada, dende o martes 4 ata o xoves 27 de xuño.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...