HomeCulturaA Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

Será este domingo 8 de novembro na Casa da Cultura Olga Novo e a proposta musical chega da man do cuarteto vocal 'Son de Corda'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta, ‘As poetas da montaña‘, que fusiona versos e música para reivindicar o legado literario feminino. O grupo está integrado por Esperanza Iglesias, soprano; Carmen Prendes, contralto; Fernando G. Jácome, tenor; e Antón Castro, baixo. Durante o concerto haberá acompañamento musical do pianista Raúl Rodríguez, e tamén se proxectarán vídeos nos que escoitaremos ás poetas falar de montaña, muller e poesía.

A cita está programada para este domingo 8 de novembro ás 19:00 horas na Casa da Cultura da Pobra do Brollón. No concerto-recital soarán os versos de poetas contemporáneas vinculadas á montaña lucense, entre elas, a guímara Olga Novo.

‘As poetas da montaña’ conta co apoio da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello da Pobra do Brollón.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...