HomeCulturaSober abre a inscrición dos campamentos "Coñece o teu Concello"

Sober abre a inscrición dos campamentos “Coñece o teu Concello”

Esta actividade pretende achegar a cultura tradicional das parroquias soberinas aos máis cativos.

Publicado o

- Advertisement -

Xa está aberto o prazo de inscrición para a terceira edición do campamento de verán “Coñece o teu Concello”, celebrado en Sober. Esta actividade desenvolverase os martes, mércores e xoves do mes de xullo, en horario de 10:30 a 13:30.

Nestes campamentos, dirixidos a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, os máis pequenos terán a oportunidade de coñecer mellor as parroquias do municipio, as súas peculiaridades e os seus oficios tradicionais. Ofértanse un total de 15 prazas e a inscrición pódese facer para o mes completo ou por semanas.

Trátase dun servizo gratuíto no que terán prioridade as familias empadroadas no Concello de Sober, e as prazas cubriranse por orde de presentación. Tamén se creará, de ser preciso, unha lista de agarda para cubrir posibles prazas vacantes. Para máis información pódese acudir ás oficinas do Concello ou chamar ao teléfono 982 46 04 14.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...