HomePolíticaA Corporación Municipal de Monforte terá dúas dedicacións exclusivas

A Corporación Municipal de Monforte terá dúas dedicacións exclusivas

O Pleno Municipal estará formado polos grupos do PP, o PSOE e o grupo mixto.

Publicado o

- Advertisement -

Nunha roda de prensa celebrada o luns 17 de xuño, o alcalde de Monforte, José Tomé, deu a coñecer máis datos sobre a organización da Corporación e o Pleno Municipal, así como as propostas que levará ao vindeiro pleno do xoves 20.

José Tomé salientou a súa intención de presentar os orzamentos municipais no pleno a principios de xullo. Deste xeito, se son aprobados poderían entrar en vigor xa a finais dese mesmo mes. Estes presupostos deberán ser revisados polos tres grupos políticos formados como resultado das eleccións: PP, PSOE e grupo mixto, formado por Esperta Monforte e o BNG.

Igual que xa viña acontecendo, de inicio haberá dúas dedicacións exclusivas de membros do Goberno, debido a que no actual orzamento está así recollido e ata que non se aprobe un novo non se pode modificar o número de dedicacións. Con todo, se os próximos orzamentos saen adiante, a proposta da Corporación Municipal será de aumentar este número a tres.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...