HomeEconomíaO GDR Ribeira Sacra-Courel recolle o ‘Premio Agader’

O GDR Ribeira Sacra-Courel recolle o ‘Premio Agader’

Na cerimonia de entrega de premios, presidida polo presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijoo, estiveron presentes José Manuel Arias e Martín Alemparte, en calidade de presidente e xerente do GDR, Roberto Castro como presidente da Asociación Xeoparque Montañas do Courel e Dolores Castro, alcaldesa de Folgoso do Courel.

Publicado o

- Advertisement -

A gala de entrega dos X Premios Agader (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) desenvolveuse onte venres 21 de xuño no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude en Boqueixón e estivo presidida por Feijóo quen felicitou aos 8 proxectos galardoados por demostrar que apostar por quedarse no rural e investir nel pode ser unha oportunidade.

Abondando no anterior, o presidente afirmou que a Xunta seguirá apoiando iniciativas que crean emprego e contribúen a fixar poboación no rural confiando que este desempeñe un papel principal en Galicia na vindeira década.

Gala de entrega de premios en Sergude. Foto: Prensa da Xunta de Galicia

Asociación Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel era candidata para un dos premios Agader deste ano pola súa iniciativa “Xeoparque Courel“. Acadou 90 puntos, a máxima puntuación alcanzada entre os oito proxectos que se presentaban en diferentes categorías. O seu recoñecemento chega por apostar polas novas formas de turismo, neste caso o xeoturismo, a través do ‘Xeoparque Montañas do Courel’, recentemente recoñecido como Xeoparque Mundial da UNESCO.

Recollendo o premio que vén para o sur de Lugo estiveron José Manuel Arias, en calidade de presidente do GDR Ribeira Sacra-Courel, Roberto Castro, como presidente da Asociación Xeoparque Montañas do Courel, Dolores Castro, alcaldesa de Folgoso do Courel, e Martín Alemparte, xerente do GDR.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...