HomeDeportesO Courel inaugura as súas xornadas de barranquismo cunha alta participación

O Courel inaugura as súas xornadas de barranquismo cunha alta participación

80 aficionados a este deporte participarán no I Encontro de Barranquismo do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel.

Publicado o

- Advertisement -

A fin de semana do 29 e 30 de xuño terá lugar o I Encontro de Barranquismo no Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel, que vén de gañar un premio Agader. Os 15 barrancos catalogados dentro do Parque serán o escenario de diversas actividades durante estes dous días.

As actividades deron comezo ás 10:30 da mañá no Salón de Actos do Concello de Folgoso do Courel, onde se presentou a Guía de Barrancos do Xeoparque. Este documento contén toda a información sobre estas paraxes, eixo central deste encontro. Ata as 20:00 da tarde desenvolverase a actividade no barrancos, e media hora máis tarde terá lugar a presentación oficial do vídeo sobre o Xeoparque, aberta ao público. O día rematará cunha cea de confraternidade ás 21:30. O domingo a actividade dos barranquistas centrarase entre as 9:30 e as 13:00.

A organización salientou que levará a cabo unha campaña de sensibilización ambiental entre os participantes. Aqueles que retiren lixo durante o desenvolvemento das actividades recibirán un lote de produtos locais das Montañas do Courel.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...